Comeza unha nova etapa para os 183 novos e últimos titulados da XXXVI promoción da Diplomatura en Maxisterio, “cargada dunha gran responsabilidade ao ter na súa man a formación das xeracións futuras”, comentaba a súa decana, Francisca Fariña. O acto de graduación estivo presidido pola vicerreitora do campus, Antonia Blanco, quen os animou “a loitar polo que estudastes”, mentres que Ana Pastor, xornalista de Las Mañanas de TVE, foi a encargada de impartir a última lección, facendo fincapé na necesidade de exercer a profesión “sen esquecerse dos valores como persoa para formar coa cabeza pero tamén co corazón”.
02/06/2011