As redes sociais son, desde hai uns anos, unha ferramenta recorrente na vida dos universitarios e universitarias, tanto para relacionarse con xente de aquí como de máis alá. Entón, porque non incluílas no método docente? Isto é o que pensou José Vicente Novegil, profesor na Facultade de Fisioterapia e un dos pioneiros en usar a rede social da Universidade na clase. "Esta técnica paréceme a mellor que hai porque están todo o día metidos na rede e domínana perfectamente, pero hai que orientar o uso lúdico cara unha aprendizaxe na que a autonomía e a responsabilidade por aprender recae sobre eles mesmos”, apunta Novegil.
07/02/2011