“Como no resto da sociedade, a igualdade aínda non é real na universidade española”. Lonxe de ser unha afirmación oportunista ao fío da celebración este xoves do Día Internacional das Mulleres, as palabras da directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Anabel González Penín, susténtanse en evidencias como as segregacións vertical e horizontal que poñen de manifesto, tamén no ámbito académico, a desigualdade existente entre mulleres e homes. Para acadar unha igualdade real de oportunidades nas universidades a Red de Unidades de Igualdad de Género para la Excelencia Universitaria, integrada por unha trintena de institucións académicas españolas entre as que se atopa a Universidade de Vigo, fai público nesta xornada un manifesto cunha idea de partida: só as universidades que funcionan baixo o prisma dunha igualdade real de mulleres e homes poden acadar a excelencia académica.
08/03/2012