É o derradeiro paso, e semella que vai vento en popa. O HumSAT-D vai aprobando os sucesivos test aos que está sendo sometido no European Space Research and Technology Centree, centro que a Axencia Espacial Europea ten en Noordwijk, Holanda, e que o validarían definitivamente para ser enviado ao espazo previsiblemente o no mes de maio e dende Rusia. O profesor Fernando Aguado, responsable do proxecto, xunto cos alumnos Alberto González e Jacob López, Diego Nodar e Daniel Docal atópanse dende a semana pasada nas instalacións da ESA para realizar as probas finais de clasificación de voo, que se centran en test de termo-vacío, sometendo o satélite tanto a altas como a baixas temperaturas para comprobar o seu rendemento e resistencia. Ata o momento os resultados están por riba mesmo do esperado. Os investigadores regresarán a Vigo na Semana Santa e, se non hai cambios de última hora, co visto bo da ESA baixo o brazo.
19/03/2013