Un dos grandes problemas aos que se enfronta a sociedade co avellentamento progresivo da poboación é que moitos dos maiores teñen que vivir sos, cos riscos que iso supón. Iván Gómez quere poñerlle remedio, por iso leva un ano traballando nun sistema de recoñecemento de accións humanas mediante visión artificial que permita facer un seguimento das persoas e, por exemplo, facer unha chamada a emerxencias en caso de producirse unha caída. Unha busca de solucións que gañou o galardón á innovación tecnolóxica do Premio Marine Inova 2012, promovido polas empresas Marine Instruments e Inova Consultores en colaboración co Campus do Mar. Este premio, dotado de 3000 euros e a posibilidade dunha bolsa para seguir desenvolvendo o proxecto, a Universidade de Vigo quere “dinamizar a excelencia, fomentar a innovación tecnolóxica e apoiar o espírito emprendedor do alumnado”, como explicou o reitor Salustiano Mato.
22/11/2012