Autobuses híbridos, robótica ou o recoñecemento facial en zonas de seguridade. Estes serán algúns dos temas das IV Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial, JAI 2010, que reunirá do 15 ao 19 de novembro no Centro Social Caixanova a unhas 600 persoas entre investigadores e investigadoras, profesionais, docentes e alumnado dos últimos cursos de carreiras técnicas de Galicia e do Norte de Portugal. Unhas xornadas que contarán “con máis presencia empresarial que nunca e coa presenza de importantes centros tecnolóxicos”, valora o profesor José Ignacio Armesto, coordinador das JAI 2010.
18/10/2010