Os científicos non adoitan dar o perfil de protagonistas de grandes superproducións cinematográficas, no seu lugar os documentais tentan poñer en valor o seu traballo de toda unha vida dedicada á investigación. O de César Milstein é un deses casos, un home dedicado á ciencia, pero “á ciencia xusta”, como explican os que o coñeceron, un científico lembrado polo profesional e pero sobre todo polo persoal. Unha inspiración, unha luz evocadora, un 'fueguito' que ilumina. Precisamente así se titulada o documental sobre a súa traxectoria presentado este mércores na Facultade de Bioloxía, un centro intimamente ligado ao investigador e dirixido e producido por Ana Fraile, sobriña neta de Milstein
27/10/2010