Australia e Vigo estarán máis preto que nunca, a pesares da distancia real que as separa, grazas a un proxecto de mobilidade educativa no que a Universidade está involucrada. Esta iniciativa, coordinada pola Universidade Técnica de Munich, ten a finalidade de crear un programa de intercambio internacional entre estudantes e docentes procedentes de Australia e varios países de Europa. No proxecto, seleccionado pola Comisión Europea, tomarán parte un total de 84 alumnos (42 estudantes da UE e 42 estudantes de Australia) co obxectivo de formarse no eido da mecatrónica, un campo no que existe unha gran demanda de enxeñeiros especialistas ante a necesidade do mercado de equipos avanzados e o emprego da robótica.
14/01/2010