Neste 2010 conmemórase o centenario do nacemento de Gonzalo Torrente Ballester. Para celebralo, a fundación que leva o nome do escritor e que dirixe a profesora Carmen Becerra preparou unha exposición, que baixo o título Los mundos de GTB, fai un percorrido polas facianas máis coñecidas do escritor ferrolán pero sobre todo por aquelas que seguen máis agochadas, tanto profesionais como persoais.
Pero que Carmen Becerra sexa comisaria desta exposición, xunto co crítico de arte Miguel Fernández-Cid, non é unha casualidae, senón unha causalidade. A catedrática explica no Duvi a longa relación que a une a Gonzalo Torrente Ballester e os primeiros momentos en común arredor dun "queixo de tetilla e pan de mollete, algo que lle gustaba moitísimo acompañado por unha cunca de viño tinto".
01/07/2010