Nunca se sabe cando pode suceder un accidente e, ante unha urxencia, o mellor é estar preparado porque a actuación nos primeiros momentos pode ser decisiva para salvar a vida dunha persoa. Por iso, a asociación OPICO organiza as I Xornadas sobre primeiros auxilios que, dende este luns e ata o xoves 7 de maio, se desenvolverán na aula magna do Edificio Xurídico-Empresarial. Ao longo destes catro días os participantes do curso, que leva por lema Calquera pode salvar unha vida, coñecerán as bases e técnicas dos primeiros auxilios, a lexislación sobre a materia e os protocolos de actuación no caso de atoparse cunha vítima.
04/05/2009