Algo a priori tan sinxelo como twitear ou compartir contidos a través de Facebook, poden converterse en accións moi complicadas, cando non imposibles, para unha persoa con discapacidade. Por que non botar man, entón, da tecnoloxía para solucionar un problema que limita as posibilidades que ofrecen neste caso as redes sociais? Este razoamento ben puidera ser o que levou á Confederación galega de persoas con discapacidade, COGAMI, a procurar a colaboración dos grupos de Bioenxeñaría e de Enxeñaría de Sistemas Telemáticos da Universidade de Vigo, agora integrados en AtlantTIC, para desenvolver un sistema que permita un acceso ás ferramentas comúns en Internet como as redes sociais, adaptado ás persoas con discapacidade, sobre todo con dificultades de mobilidade.
30/07/2012