8,5 millóns de quilómetros cadrados, máis de 200 millóns de habitantes e unha economía que acada o sexto posto no ránking mundial, fan de Brasil un destino obrigado para calquera iniciativa na procura de mercado. Pero se a estes alicientes se lle engaden os máis de 7000 quilómetros de liña de costa cos que conta o país suramericano e unha lingua como o portugués, non é de estrañar que Brasil fose o destino elixido polos responsables de Campus do Mar para iniciar unha serie de misións co obxectivo de “levalo fóra, amosalo para captar socios en todo mundo, dándonos a coñecer e acadar convenios para traballar en conxunto”, segundo explica Alberto Gónzalez Garcés, responsable da Área de Internacionalización de Campus do Mar
11/05/2012