Aprender idiomas, coñecer outras culturas e, sobre todo, moitas gañas de vivir novas experiencias, son os elementos e requisitos imprescindibles aos que apelan os estudantes da Universidade de Vigo que participarán no vindeiro curso nos programas de intercambio. Centos deles encheron este xoves o salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais para recibir os consellos da Oficina de Relacións Internacionais. As charlas, que se impartirán tamén nos dous campus restantes da man do vicerreitor de Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesias, e da responsable da ORI, Amelia Rodríguez, permiten o alumnado recibir todas as indicacións precisas referidas a documentación, prazos ou solicitudes, ademais de coñecer as diferentes posibilidades e oportunidades que supón estudar no estranxeiro
12/05/2011