Estudantes, docentes e persoal de administración e servizos tiveron hoxe a oportunidade de medir os seus niveis de glicosa en sangue. En apenas uns minutos, de balde e sen necesidade de desprazarse a un centro médico, arredor de 400 persoas comprobaron, “como temos o azucre, algo que nunca está de máis, sobre todo se cho poñen tan fácil”, indicaba unha das estudantes que participou na IV Xornada de Detección da Hiperglicemia, organizada polas alumnas e alumnos da materia Patoloxía Molecular de 5º de Bioloxía, baixo a coordinación do profesor Emilio Gil, e en colaboración coa Asociación de Diabéticos de Vigo.
06/05/2010