20.000 entradas, 30.000 correspondencias e 60.000 exemplos. Estas cifras son parte da carta de presentación do Dicionario Moderno Inglés Galego, o primeiro grande dicionario bilingüe inglés-galego co que se enche un baleiro histórico na lexicografía galega, que carecía aínda dunha ferramenta destas características. A nova obra, realizada no seo do Seminario de Lingüística Informática e publicada por 2.0 Editora, presentouse este xoves nun acto no que se puxo de relevo a “humilde contribución” dun traballo “que nos axuda a estar presentes no mundo como pobo con identidade propia, traducir os demais e incorporalos ao noso acervo cultural”, subliñou durante a presentación un dos seus artífices, Alberto Álvarez Lugrís, que estivo acompañado polo reitor, Salustiano Mato; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director da Área de Normalización Lingüística, Paulo Cabral.
13/12/2012