“É un premio ao conxunto da Universidade de Vigo e ao conxunto de grupos multidisciplinares que participamos neste proxecto, pero, sobre todo, ás alumnas e alumnos xa enxeñeiros que estiveron involucrados e que agora xa desenvolven a súa faceta profesional en diferentes partes do mundo”. Así se refire o profesor Fernado Aguado, investigador principal do XaTcobeo, ao Premio Pontevedreses 2012, un novo galardón que recoñece a todo o equipo de profesionais que participaron no deseño e desenvolvemento do picosatélite Xatcobeo, primeiro CubeSat 1U construído por unha universidade europea cos estándares da Axencia Espacial Europea.
Vigués Distinguido desde marzo de 2012, o equipo do Xatcobeo, composto por 60 alumnos e alumnas e 32 investigadores das escolas de enxeñería de Telecomunicación, Informática e Industriais, recibe agora un novo galardón.
25/04/2013