Baixo o sol primaveral e ante a atenta mirada de Darth Vader, un ano máis o campus de Pontevedra énchese de diversión coa celebración de Santa Kata, a festa que o alumnado de Ciencias Sociais e da Comunicación organiza co gallo da súa patroa, Santa Catalina de Siena. Este ano, os concertos e actividades trasladáronse ao Recinto Feiral da cidade, unha circunstancia que non lle restou afluencia. Tanto é así que estiman a asistencia en arredor de 6000 persoas.A fórmula do éxito, música para todos os públicos, actividades lúdicas, sorpresas baixo a temática de A guerra das galaxias e por suposto, comida e bebida.
28/04/2011