Apto para todos os públicos, de 0 a 100 anos, con experiencia artística ou sen ela porque “hai que desmitificar a arte e levala á rúa, non é nada místico”. Esa é a filosofía que segue a inspirar, logo de tres anos, o Festival Desfunción que o vindeiro 23 de maio tomará de novo, da man do Grupo Batbirulau, que organiza o evento, a Plaza de Mugartegui. Esta xornada artística, que pecha a programación de primavera da Casa das Campás e conta coa colaboración do Concello de Pontevedra, intenta convertir “o día a día en arte e o artístico en algo cotiá”, segundo explican, realizando intervencións e performances na rúa.
19/05/2009