Todo comezou como un exercicio de clase e agora miles de galegos están a descubrir o seu talento. Laura Alonso, Cristina Fernández, Adriana Villamisar e Cristina Veiga, alumnas do Máster en Dirección de arte en publicidade, póñenlle cara á portada da edición de setembro da revista R, que recibe a comezos de cada mes os seus clientes para informalos das novidades nos servizos. “Nestes momentos tan difíciles nos que o traballo escasea, os que estamos empezando e temos moitas ganas de traballar, que unha publicación con tanta difusión publique as nosas propostas fainos visibles no panorama autonómico”, salienta Adriana Villamisar.
06/09/2012