Como en anos anteriores, a asociación Creatividade Galega, colectivo que reúne as principais empresas e profesionais da publicidade en Galicia, abriu a convocatoria para a participación no seu primeiro anuario como asociación, constituída como tal no mes de novembro. Aínda que a oferta está destinada nun primeiro termo para que axencias galegas amosen as campañas desenvolvidas durante 2010, idearon unha sección de promesas pensada para o estudantado do campus e tamén para os recentemente titulados, “ofrecéndolles un bo escaparate no que mostrar o seu talento gráfico”, explica Chechu Pérez, presidente da asociación.
10/02/2011