O Club Deportivo de Ciencias da Actividade Física e do Deporte (CAFyD) organiza o VII Trimaratón de fútbol sala, baloncesto e balonmán, máis de vinte horas nunha sesión continua de deporte para educar en valores, na que o importante non é gañar, senón convivir cos demais. O campionato comeza hoxe no Pavillón Universitario ás 21.00 horas e prolongarase ata mañá ás 19.30. É unha competición deportiva en formato torneo, na que se participa por equipos nas tres modalidades. Como destaca o coordinador desta edición, Jorge Troncoso, “caracterízase pola participación de formacións mixtas, coa norma de que sempre ten que haber como mínimo dúas mulleres no campo en calquera partido”.
04/05/2010