Sheila Pazos, ex alumna da Facultade de Belas Artes, que rematou a licenciatura en 2009 con Premio Fin de Carreira, inaugura o vindeiro venres día 5 de marzo a que é a súa primeira exposición individual na galería Metro de Santiago de Compostela. Co título ¿Que pasa ahí fuera?, presenta unha escolma multidisciplinar do seu traballo, con fotografías, pinturas, obxectos e vídeos que indagan sobre a relación do home coa cidade e que poderá verse ata o 14 de abril. Para os responsables da galería, Eva Morquecho e Javier Blanco, “esta artista é un claro exemplo do bo momento que está vivindo a arte máis nova”.
03/03/2010