Fin de semana de obxectivos e de partidos difíciles para os equipos de rugby e de baloncesto. O Campus Ourense Rugby xoga o domingo contra un dos favoritos, o Belenos RC, no campo de Monterrei. O Campus Ourense Universidade de Vigo, o cadro sénior de baloncesto, xoga o sábado na casa contra o Baiona, un dos equipos fortes da liga. E o Campus Ourense Blanco Amor, o cadro júnior, xoga o domingo o seu primeiro partido na Liga Galega contra un rival a ter en conta por ser un dos favoritos para quedar entre os tres primeiros postos do campionato, o Marín Peixe Galego.
06/11/2009