Teatro, danza, circo, fotografía dixital, argumentación, redes sociais, astronomía, escalada, música tradicional, animación e así ata 18 propostas son as que compoñen a programación dos Obradoiros de Extensión Universitaria do campus de Ourense deste segundo cuadrimestre. Xunto a iniciativas xa tradicionais que convocatoria tras convocatoria consolidan o seu público, nesta edición introdúcense dúas grandes novidades. Trátase dun taller de busca de emprego e fomento da iniciativa emprendedora e outro de sexualidade e identidade. O prazo de matrícula está aberto do 13 ao 24 de febreiro de 2012.
09/02/2012