Aproveitando a conmemoración, en 2012, do 75 aniversario da súa morte, a décima edición do Memorial Filgueira Valverde, organizado ao abeiro da Cátedra Filgueira Valverde que promoven a Universidade de Vigo e Novacaixagalicia, lembra a figura de Casto Sampedro Folgar, “un dos intelectuais galegos máis importantes do seu tempo”. O memorial inclúe catro conferencias que rememoran as súas principais achegas, “ademais de situalo no lugar que lle corresponde, xa que a pesar do seu legado, é pouco coñecido fóra dos ámbitos especializados”, explicou Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra e coordinador das xornadas.
24/10/2011