Ás veces, a distancia entre unha necesidade e a súa satisfacción é moi curta. Este foi o caso do Pontevedra CF. A directiva buscaba coñecemento especializado e a resposta non estaba máis aló da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, na que desenvolven o seu labor os membros do grupo de investigación HI-20. Da maridaxe de investigadores e club xurdiu unha colaboración de I+D+i, Pontetec, da que se benefician ambas partes: o club accede á transferencia do coñecemento propio destes especialistas ao tempo que os investigadores teñen un banco de probas a pé de campo. Pero non só falamos de coñecemento, tamén, segundo indica Luis Casáis, director do grupo, “de ideas para implantar programas, unidades e reaxustar a súa área deportiva”.
02/10/2009