Na sociedade actual, o consumidor acostuma sentirse indefenso e só ante as inxustizas do mercado. Sen embargo, a partir de agora estará máis protexido ao contar con 60 novos especialistas na defensa dos seus intereses e dereitos, profesionais que remataron este luns o I Curso de Especialista en Publicidade, Marketing e Consumo, un título propio da Universidade de Vigo financiado polo Instituto Galego de Consumo, IGC, e dirixido polo profesor Fernando Ramos. O acto de clausura contou coa presenza da xerente do IGC, María Jesús Muñoz, que sinalou a necesidade de impartir este tipo de formación para brindar “unha protección especial” ao comprador, “xa que é a parte máis vulnerable e débil do mercado”.
05/12/2011