Conscientes da necesidade de complementar a formación teórica das aulas con prácticas preprofesionais desempeñadas nun contexto real, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinou esta mañá sete novos convenios de colaboración con varias entidades e institucións de A Estrada, entre as que se atopa o propio Concello, que posibilitarán que o alumnado de Enxeñería Forestal poida ter un período de prácticas, facilitando a súa integración laboral. “A Estrada, como capital do moble, e a Escola de Enxeñaría Forestal teñen unha forte ligazón polo que é fundamental comezar este camiño de colaboracións", declarou o reitor.
03/05/2012