“Aínda que xa era unha realidade a colaboración en actividades deportivas entre a Universidade e o concello pontevedrés, este convenio dará cobertura legal a todas estas iniciativas, dando un paso máis na alianza estratéxica entre as dúas institucións”. Con estas palabras o reitor, Salustiano Mato, definiu o convenio que a Universidade vén de asinar co Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra co propósito de establecer unha liña de cooperación para o desenvolvemento científico e tecnolóxico no ámbito da actividade física, buscando unha aplicación práctica “de proveito para a sociedade e a economía”. Esta colaboración manifesta “a boa posición da cidade desde o punto de vista deportivo, para poder consolidarse como a capital do deporte de Galicia, se non o é xa”, apuntou o alcalde.
19/04/2011