Pura paixón por aprender, por ampliar coñecementos e manterse activos. Iso é o que define ás preto de 30 persoas que este curso participan no campus no Programa para Maiores da Universidade, unha iniciativa que está a lograr “un alto grao de satisfacción entre un alumnado moi traballador e moi participativo”, como destaca o seu coordinador en Pontevedra, José María Gil. Non en van, a maioría son persoas xubiladas, que non acoden a clase “por obriga, nin coa idea de que lles sirva para atopar traballo, senón por pracer”, como salienta Rubén Pascual, un dos alumnos que traballa na reactivación da asociación de estudantes sénior do campus.
18/03/2015