A creatividade volverá subirse á pasarela o vindeiro xoves 21 de novembro cunha nova edición de Debut, o desfile de moda no que se presentan os mellores traballos fin de estudos dos alumnos e alumnas dos Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galiza. Preto de 70 modelos vestirán as 19 coleccións ideadas e confeccionadas por outros tantos estudantes que, uns deseños que segundo a directora da Esdemga, Lola Dopico, “son profundamente emocionantes e de moi alta calidade”. Profesionais de Loewe, HPFrance, Desigual e WGSN conforman o xurado que deberá elixir a mellor colección. A pasarela Debut consolídase tras sete anos e acompaña o desfile con obradoiros, exposicións, conferencias e encontros cos responsables de empresas ao longo de toda a vindeira semana.
14/11/2013