Tres expertos fotógrafos, Raúl Docasar, Carlos Spottorno e Gerardo García, serán os encargados de dar unha conferencia e un taller intensivo de imaxe dentro do ciclo A fotografía a debate. Puntos de encontro en distintos enfoques, que organiza a Área de Extensión Cultural e Estudantes do Vicerreitoría do campus de Pontevedra. Os relatorios, que terán lugar na Casa das Campás, xirarán arredor do mundo da moda, da imaxe como profesión e da fotografía infantil. O taller práctico será na facultade de Ciencias da Comunicación.
18/10/2010