Saúde, xestión, rendemento, didáctica, ocio e historia son as áreas temáticas do III Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e Educación Física que terá lugar a vindeira semana en Pontevedra e que presentaron hoxe o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e Víctor Arufe, director xeral do comité organizador do evento. Do 6 ao 8 de maio o Pazo da Cultura acollerá o que, segundo os organizadores, é o único congreso deste tipo consolidado no Estado, cun gran nivel de participación. Haberá 13 conferencias maxistrais, 12 cursos de especialización e presentaranse máis de 200 investigacións, polo que se espera unha presenza de 400 profesionais do mundo do deporte.
30/04/2010