Sen que nos deamos de conta, a convivencia cos ordenadores está obrigándonos a dominar unha nova forma de pensar: aquela que ten forma de bases de datos. Un modo de almacenaxe sistemático que está detrás de moitos sitios web e configura as súas entrañas. Para avanzar no seu dominio, o programa de formación permanente do profesorado que impulsa a Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa organiza o Curso avanzado de creación de sitios web para o que xa está aberta a inscrición, que se pechará día 23 ás 12.00 da mañana.
O curso está dirixido a aqueles os que o curso de iniciación lles soubo a pouco, porque teñen que manexar bases de datos. Segundo explica o profesor do curso, José Luís Martínez Orge, “non é programación pura e dura, pero si un pouco máis avanzado” que o nivel de inciación.
08/01/2009