“O teatro ten unha poderosa capacidade de xerar cambios a nivel individual e social”, salienta María Luisa Mondolfi, unha alumna de doutoramento da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte que nos últimos anos centrou o seu labor investigador en coñecer o potencial da dramaterapia, do uso terapéutico do teatro, na recuperación de vítimas de violencia machista. Non en van, “a través do teatro pódense traballar, nun espazo controlado, cuestións como a interacción social, a autoestima, o traballo en equipo, a seguridade, as emocións...”, como engade Sara Fernández, investigadora tamén do grupo GIES-10, quen estuda os beneficios terapéuticos do teatro, no seu caso, con persoas que padecen diferentes tipos de enfermidade mental, como a esquizofrenia.
09/06/2016