Unha substancia endóxena, que xera o propio corpo “pero que non se sabe exactamente como se produce, xa que hai moi poucos estudos sobre ela”. Isto é a isatina, segundo destaca o profesor da Facultade de Fisioterapia Lorenzo Justo, que centrou a súa tese de doutoramento nun composto “con moito potencial”. De feito, as principais conclusións da súa investigación abren a porta a que esta pouco estudada substancia “poida ter aplicacións na segunda enfermidade neurodexenerativa máis prevalente”, o párkinson, xa que “a administración de isatina permite incrementar os niveis de dopamina, un neurotransmisor que se atopa diminuído no párkinson, o que provoca as alteracións motrices que caracterizan esta enfermidade”. De feito, as probas realizadas amosaron que a isatina actúa como inhibidor da monoamino oxidasa (MAO), principal encima encargado da degradación da dopamina.
22/06/2015