A pesares de ser un país pequeno, de pouco máis de 20.000 quilómetros cadrados, con menos poboación que Galicia, Eslovenia é unha referencia en materia forestal. Non en van, esta república dos Balcáns é “o país con maior densidade de bosques de toda Europa”, como destaca o director da EE Forestal, Enrique Valero, tras retornar deste estado. Nos últimos días, Valero mantivo unha serie de encontros con responsables e investigadores dun “centro de referencia en Europa”, o Slovenian Forestry Institute, co propósito de potenciar as relacións entre ambos centros e estudar en que liñas de traballo poderían colaborar este instituto e a escola do campus.
10/04/2015