Unha parella condenada a entenderse polo ben común. Así define o catedrático de Ciencia Política e da Administración, Carles Ramió, a relación entre clase política e alto funcionariado no seu último libro no que analiza a situación actual da dirección pública no país. Como se dunha estraña parella de baile se tratase, o experto afonda na relación entre políticos e funcionarios “na que o inexperto dirixe ao experto”, xa que o primeiro, sen ser un especialista na materia, é o que ordena “ao que verdadeiramente ten experiencia”, explica Ramió que acudiu ao campus para impartir un seminario práctico ao alumnado de Dirección e Xestión Pública.
18/12/2012