Segundo os expertos, 30 minutos diarios de exercicio a unha intensidade moderada son suficientes para manter unha vida saudable, non obstante a maioría dos adultos en España non alcanzan ese nivel mínimo desexable. Co obxectivo de animar á cidadanía a practicar algunha actividade física, a Universidade de Vigo organiza para este sábado 16 de xuño un paseo pola beira do río Lérez, dando a coñecer, ademais da súa riqueza natural, as oportunidades que os sendeiros fluviais poden ofrecer para combater o sedentarismo. A actividade, promovida polos profesores Maruxa Álvarez e Iván Martínez, está aberta a todos os públicos.
13/06/2012