A tantas veces repetida afirmación de que o deporte é bo para a saúde non lle serve como norma sen excepcións ao presidente do Consello Xeral dos Colexios de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (Colef), Vicente Gambau. “En función de como o practiques, pode ser beneficioso ou non, e niso teñen moito que ver os profesionais”, salientou nas xornadas formativas que se desenvolven na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Gambau alertou aos futuros titulados dos perigos dun anteproxecto de lei sobre servizos profesionais que, no ámbito deportivo, “vai permitir o libre acceso e o libre exercicio”.
27/03/2014