"Pídovos un favor, hoxe non imos falar de fichaxes nin de se teño ou non entradas para o partido contra Celta”, bromeou, antes de comezar coa súa conferencia, o director de Relacións Institucionais e Protocolo do FC Barcelona, Ramón Pujol, ao abeiro das VII Xornadas de Comunicación e Deporte: A importancia da comunicación interna nas entidades deportivas que organiza a Vicerreitoría dentro da súa programación de outono. O protocolo e a relación comunicativa coas personalidades VIP centrou un relatorio cargado de anécdotas persoais e curiosidades sobre o club catalán ao que lle seguiu a conferencia do director xeral de Márketing, Imaxe e Relacións Institucionais do Atlético de Madrid, Emilio Gutiérrez.
28/10/2013