“No cine, o tamaño non importa, podes ter unha película moi relevante, que custara moito, e ver como non cala na sociedade. Ou todo o contrario”. Quen sostén isto non é outro que Ghislain Barrois, director de Aquisición e Dereitos de Mediaset España e conselleiro delegado de Telecinco Cinema, a produtora responsable de nove das vinte películas máis vistas na historia de España. Exemplos como Ocho apellidos vascos, o filme español con maior recadación na historia, sustentan a postura deste produtor, que recoñece que a promoción, “como vas vender a película”, é a primeira pregunta que se formulan, “cando aínda nin sequera temos o guión”.
03/10/2014