Cando un persoeiro público percorre unha parte, por pequena que sexa, do Camiño de Santiago, a súa peregrinación convértese en noticia de forma case que automática, o que provoca un "efecto chamada" que pode atraer a un importante número de visitantes. Esta é unha das principais conclusións ás que chegaron o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Xosé Manuel Baamonde e o docente da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Fermín Galindo, despois estudar a relevancia que pode ter para incrementar o turismo xaponés en Galicia a visita en Santiago, en xuño de 2013, do príncipe Naruhito.
09/05/2014