Abandonaron a Facultade de Belas Artes hai case 20 anos para cumprir o soño de converterse en artistas de renome. Volven “á casa” cun percorrido profesional xa consolidado grazas á exposición Transcursos I, inaugurada este xoves na Sala X. Mar Caldas, comisaria da mostra, convidou a dous alumnos da primeira promoción, os artistas Rut Massó e Salvador Cidrás, que comezaron a súa andaina a principios dos anos 90. “Trátase de traer de volta ao centro a artistas que se formaron aquí e que teñen unha destacable traxectoria profesional, achegando ao espectador o percorrido artístico tanto de Massó como de Cidrás”, explicou Mar Caldas.
09/02/2012