O balón xa botou a rodar. Dende este xoves ata o próximo domingo 19 de xuño, Pontevedra convértese na sede oficial do deporte rei coa celebración do I Congreso Internacional de Fútbol, CIF, organizado polo grupo de investigación HI-20 da Universidade e a empresa GT Sport. No acto de inauguración, no que interviron Xosé Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte, e Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, destacouse o nivel e o carácter formativo do evento “creando un foro de formación e de intercambio de experiencias”, apuntou Alberto Argibay, principal organizador, ademais de salientar a transcendencia do fútbol na sociedade. O CIF, que congrega a máis de 200 asistentes de doce países, “supón para a Universidade unha oportunidade inmellorable de transferir o coñecemento e a investigación que xeramos”, declarou o profesor Luis Casáis, director do grupo.
16/06/2011