Chegou a hora de que os mellores universitarios de Galicia demostren o que valen. Este martes deu o pistoletazo de saída o Fórum Cicerón. Se busca talento no que tratarán de convencer ás dez empresas participantes, mediante a técnica do debate, de que son os profesionais que necesitan, nos tres días que duran as xornadas. No acto de benvida aos estudantes estiveron presentes Ignacio Barcia, vicerreitor de Alumnado, Docencia e Calidade, en representación das tres universidades galegas; Beatriz Mato, conselleira de Traballo e Benestar; Joaquín Varela, director do Igape e Francisco Alonso, director xerente da Fundación Illa de San Simón.
06/04/2011