Dezaoito obras únicas, irrepetibles, irreproducibles. Esta compilación é a que se pode atopar na exposición Dieciocho Unos, organizada ao abeiro da materia Laboratorio de Unicidade que se imparte no Máster de Arte Contemporánea. Creación e Investigación na Facultade de Belas Artes, posto en marcha no presente curso. Unha mostra, coordinada polas docentes da materia, Almudena Fernández e Mónica Ortúzar, que exhibe a creación artística levada a cabo polos dezaoito alumnos e alumnas matriculados no laboratorio. Podían inspirarse no que quixeran, pero cun requisito, “realizar unha obra non reproducible, cerrada”, explicou Fernández.
12/01/2011