Con cine e fotografía botou a andar xa a programación cultural do campus de Pontevedra para o primeiro cuadrimestre, unha oferta que se completa con xornadas, obradoiros e exposición sobre publicidade, moda, deseño, comunicación, deporte e compromiso social. Todas estas actividades tentan cubrir todos os intereses da comunidade universitaria facendo unha chiscadela aos contidos de practicamente todas as escolas e facultades do campus.
A directora da Área de Extensión Cultural e Estudantes, Ana Belén Fernández Souto, presentou este venres o catálogo completo de actividades que se espallarán por todo a cidade, dende a Casa das Campás ata o campus pasando pola Sala X e os espazos públicos de Pontevedra.
29/10/2010