A Escola de Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia, Esdemga, puxo rumbo a Xapón para dar a coñecer entre o estudantado asiático a súa oferta formativa na Global Study Abroad Fair 2010, celebrada en Toquio e organizada por Global Daigaku, sitio web líder en Xapón sobre estudos no estranxeiro, en colaboración co diario Japan Times e a Canadian Education Alliance, CEA. O obxectivo da escola é adentrarse nos países asiáticos, caracterizados pola súa tradición téxtil e a presenza de escolas de moda moi prestixiosas e atraer aos estudantes xaponeses para cursar estes estudos en Galicia.
01/07/2010