A Facultade de Belas Artes, coa colaboración da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, acolle ao longo de dous días, hoxe e mañá, a conferencia-taller Fotografía documental e reportaxe de autor. Historias-técnicas-usos-publicacións, impartida por José Romay, fotógrafo e estudante de Belas Artes. De acceso gratuíto e con horario de 16.00 a 20.00 horas, Romay animará ao alumnado que se achegue ao Espazo 10 deste centro a analizar as diferenzas entre a fotografía da prensa diaria e a profundidade da reportaxe e o documental fotográfico, o traballo feito coa premura da actualidade, fronte ao quefacer reflexivo do traballo de autor.
11/03/2010